Acerca de
Datos abertos Coruña.gal | Open Data Coruña.gal
A iniciativa de datos abertos do Concello da Coruña (datos.coruna.gal) forma parte das iniciativas de Goberno Aberto do Concello da Coruña, e está relacionada coas iniciativas de apertura e reutilización do de información do sector público (open data). Este é un movemento impulsado polas administracións públicas co obxectivo de aproveitar o valor que ten a información recollida polas administracións públicas, permitindo o seu acceso e reutilización, cos obxectivos de servir á cidadanía para:
- para realizar simples consultas
- para enriquecer a información con novos datos
- para xerar aplicacións e servizos
- para xerar novos negocios
- para dotar de maior transparencia á actividade do Concello da Coruña
Características do portal
O portal está baseado no software open source CKAN, desenvolvido pola Open Knowledge Foundation. Empréganse distintas extensións de CKAN para extender as funcionalidades de CKAN (ckanext-*), entre as que se atopan:
- fluent (licenza aberta): Esta extensión proporciona unha forma de almacenar e devolver campos multi-idioma en conxuntos de datos CKAN, recursos e organizacións
- scheming (licenza aberta): Esta extensión proporciona un modo de configurar e compartir esquemas CKAN empregando unha descrición de esquema JSON
- rating (licenza aberta): Esta extensión proporciona a capacidade de valoración dos conxuntos de datos polos usuarios.
- collection (licenza aberta): Esta extensión proporciona unha forma de agrupar conxuntos de datos máis alá das organizacións, temáticas ou grupos
- showcase y sixodp showcase (licenza aberta): Esta extensión proporciona a posibilidade de catalogar aplicacións, visualizacións e outros destacados que empregan conxuntos de datos do portal
- pages (licenza aberta): Esta extensión dota de funcionalidades de CMS a CKAN.
- agsview (licenza aberta): Esta extensión permite visualizar recursos do tipo ArcGIS REST Services
- tableau-view (licenza aberta). Esta extensión permite integrar vistas de recursos xeradas mediante Tableau Public
- editor (licenza aberta). Esta extensión permite a actualización dun campo para múltiples conxuntos de datos
Outras personalizacións do portal datos.coruna.gal así como o tema foi desenvolvido polo Concello da Coruña (extensión cdc_theme)
As iconas dos temas/grupos e coleccións empregadas foron descargadas de [flaticon.com] (http://www.flaticon.com) baixo licencia CC BY. Os autores destas son [Freepik] (http://www.freepik.com),